martes, 10 de marzo de 2009

Información preliminar

Os bos deseñadores apóianse habitualmente no traballo e nas ideas doutros (no bo sentido) para tentar conseguir productos cada vez máis sofisticados e a medida. E como bos deseñadores que somos (algo inexpertos) buscamos información sobre outras implementacións, ideas e solucións xa adoptadas para a resolución do problema do analizador espectral:


"FPGA-based Spectrum Analyzer with High Area Efficiency by Goertzel Algorithm"

de Min-Chuan Lin, Guo-Ruey Tsai, Yung-Chin Tu, Tai-Hsiung Chang, e Ching-Hui Lin

É un artigo do IEEE no atopamos a descrición dunha implementación dun analizador de espectro de tempo real empregando unh FPGA. Básase no uso do algoritmo de Goertzel para o cómputo do módulo da FFT para cada frecuencia de interese en paralelo.
[ Información sobre o algoritmo de Goertzel: http://en.wikipedia.org/wiki/Goertzel_algorithm ]


"FFT Spectrum Analyzer Project for Teaching Digital Signal Processing With FPGA Devices"

de Trini Sansaloni, Asun Pérez-Pascual, Vicente Torres, Vicenç Almenar, José F. Toledo, e Javier Valls

Neste outro artigo, tamén do IEEE, proponse outra implementación dun analizador de espectros. Neste caso tamén se describe un método para os cálculos do módulo e a fase do espectro basado no algoritmo Cordic [http://es.wikipedia.org/wiki/CORDIC].

Os artigos pódense atopar na páxina [ http://ieeexplore.ieee.org/search/advsearch.jsp ], aínda que para a súa lectura precísase unha conta na revista do IEEE (no noso caso accedemos a través da Universidade de Vigo).


Por outra banda, no libro

"FPGA PROTOTYPING BY VHDL EXAMPLES Xilinx SpartanTM-3V ersion"

de Pong P. Chu

podemos atopar a descrición da implementación dun controlador para monitores VGA en VHDL, estando incluído o seu código.


Ademais, o fabricante de CDC's Xilinx ofrece "IP cores" implementábeis sobre FPGA's para o cálculo de DFT's e FFT's. En concreto na seguinte dirección atópase a información técnica sobre o IPCore cuxa funcionalidade é o cálculo da FFT dun sinal.

http://www.xilinx.com/support/documentation/ip_documentation/xfft_ds260.pdf

[ Que é un IPcore? -> http://whatis.techtarget.com/definition/0,,sid9_gci759036,00.html ]


Para a implementación do analizador empregaremos unha FPGA Virtex-II de Xilinx montada sobre a placa de desenvolvemento de Digilent XUPV2P. A información técnica pódese obter na seguinte dirección:

http://www.xilinx.com/univ/XUPV2P/Documentation/ug069.pdf



Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario