viernes, 24 de abril de 2009

Módulo FFT

O primeiro compoñente do analizador de espectro xa está rematado. Trátase do circuito de cálculo do módulo da FFT:


O circuito está deseñado de acordo coas especificacións: utiliza un IPCore de Xilinx para o cálculo da FFT de 512 puntos do sinal de entrada, e un Sistema Secuencial Síncrono para carga-las mostras deste directamente no propio core (evitando o uso dunha memoria RAM auxiliar, co que se aforran recursos). Para a obtención do módulo das mostras espectrais emprégase o algoritmo Cordic, implementado con outro IPCore, e engadiuse a capacidade de gobernar unha memoria RAM síncrona conectada á saída deste módulo para almacea-lo mostreo espectral calculado.
O seguinte paso é a proba deste compoñente sobre hardware real: unha FPGA Spartan3 de Xilinx montada sobre unha placa S3 de Digilent. Conectando un conversor analóxico dixital ADCS7478 de National Semiconductor e engadindo a debida circuitería de adaptación, poderemos ve-los valores calculados polo módulo FFT nos visualizadores da placa (vamos a necesitar paciencia... son 512 valores e avánzase accionando un pulsador!).
En breve publicaremos un esquema completo coa descomposición en bloques final dos compoñentes do módulo FFT e unha simulación comparativa con resultados de Matlab. Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario