jueves, 7 de mayo de 2009

Estado do interfaz do monitor VGA

Ola!!

A semana pasada rematamos o modelado do interfaz do monitor VGA (que inclúe o bloque de sincronismo e o cálculo dos píxeles RGB que se mandan ó conversor FMS3818). Nunha primeira proba (para comprobar o correcto funcionamento, os detalle e colores virán unha vez nos cercioremos de que todo funciona), implementamos todo en branco e negro, cun eixo vertical e outro horizontal. Se todo vai segundo o esperado (que todo funione corretamente o 15 de maio), incluiremos unha escala de colores en vertical (segundo o valor do módulo da FFT) e en horizontal (seguno do índice da FFT que se está visualizando), e se imos rápido, incluiremos tamén as letras que nos din qué se representa no eixo vertical e o que se representa no horizontal (módulo da FFT e índice, respectivamente).

Simulamos o circuito tanto funcional como temporalamente, con resultados positivos. Sen embargo, á hora da proba coa placa e o monitor, nos conseguimos ver nada neste último. Estamos intentando solucionar este problema, e esperamos conseguilo antes do venres 15 de maio, para poder xuntar o interfaz con resto do circuito do analizador (conversor AC97 e cálculo da FFT).

En canto o funcionamento destas probas que se están realizando sexa correcto, publicaremos unha nova entrada informando!!

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario